Miguelanxo Prado, Xabarín, Shin Chan e Cañita Brava estarán en Somos unha potenzia

Esta noite en Somos unha potenzia poderemos ver a Miguelanxo Prado segundo podemos ler en La Voz de Galicia: Conversa con Miguelanxo Prado Carlos Blanco conversará co debuxante de...

Esta noite en Somos unha potenzia poderemos ver a Miguelanxo Prado segundo podemos ler en La Voz de Galicia:

Conversa con Miguelanxo Prado
Miguelanxo Prado en La VozCarlos Blanco conversará co debuxante de cómic, e agora director do filme De profundis, Miguelanxo Prado. Tamén invitará a Juanillo Esteban e Ana Lemos, as voces xa emblemáticas do Xabarín e de Shin Chan. A música pona Ramón Bermejo, produtor e director do coro da Escola Estudio de Santiago. Finalmente, Cañita Brava cantará un tema do seu novo disco.

Sen dúbida, o programa promete, e aínda que iso que digan que comeza ás 00.40 horas é unha falacia. Vexamos a grella desta noite na TVG:
grella da TVG
Resulta curioso que na grella da programación apareza o anuncio do programa (eses 30 segundos no que adiantan os contidos do programa) tralo que está un breve informativo nocturno. De seguir así, en calquera momento poñen os anuncios de Coca-Cola na grella. Dar a entender que a hora de comezo dun programa é previa ó programa anterior resulta insultante (a min pareceume unha tomadura de pelo a primeira vez que o fixeron).

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS