Esta semana a revista El Jueves dedica a súa portada á Galicia requeimada:
Está ben que critiquen o asunto do lume en chave política, aínda que non o fan moi atinadamente:
Aínda que Kiko da Silva tivo un pouco máis de graza á hora de facer coña co lume:
A min parécemen que o humor co Prestige era máis atinado, pero posiblemente se debía a que había responsables políticos directos, mentres que agora a cousa é moito máis abstracta.
Coido que estes días o humor nos EE.UU. está a ser moito máis crítico e efectivo (pero con Bush no Goberno iso é doado) e estes días, co gallo da discusión aberta para a definición científica de planeta que dicían que podería determinar 12 planetas no sistema solar, o brillante Bob Englehart publicou a seguinte tira indicando cal é o planeta máis afastado da terra:
Humor aparte, parece que ó final a lóxica vai imperar é as pedras que dan voltas polo espazo non se van a considerar planetas, aínda que Plutón podería deixar de considerarse planeta (algo que xa afirman algúns medios) o que non deixa de sorprenderme porque segundo teño entendido, hai décadas que se considera que Plutón non é un planeta, pero se mantén na listaxe que se estudia en clase por meros criterios históricos. A novidade creo que está en que Plutón e Ceres pasarían a ter a consideración de planetas ananos, categoría á que tamén se poderían incorporar Xena (2003 UB313) e Caronte. En fin, que ó final só van a marear ós nenos que lles entre no temario o asunto.
Debe estar conectado para enviar un comentario.