21 Agosto, 2006
¡Por fin rematou o sufrimento! O pasado venres escangallóuseme o portátil, e finalmente tiven que pillar outro disco duro… ¡e reinstalar todo!
Iso si, aproveitei a ocasión para migrar de Outlook Express a Thunderbird, por aquelo de sacar algo de proveito da desfeita, e incluso tiven a sorte de poder salvar a meirande parte do material que tiña no disco duro vello. Agora chega unha instalación nova, novos vicios, novas prácticas, e para celebralo, poño aquí unha canción de Riki López no programa de Gomaespuma que se titula El hombre despechado e pode servir para subir a moral nun momento coma éste:
Debe estar conectado para enviar un comentario.