Reprodutor de MP3 de ganga no Carrefour

Cando a pasada fin de semana Diego me comentou que no Carrefour debían de ter algún erro no prezo duns reprodutores de MP3 de Airis eu non estaba nada...

Cando a pasada fin de semana Diego me comentou que no Carrefour debían de ter algún erro no prezo duns reprodutores de MP3 de Airis eu non estaba nada certo dos prezos que estaba a comentar, pero esta semana ós vin en persoa, e é que os de Carrefour están a vender xuntos o reprodutor de MP3 cun disco duro de 40 Gb de Airis e os seus altofalantes (valorados cada un por separado en 119 euros) por 99 euros, oferta que tamén teñen na súa páxina web.
A verdade é que de 238 a 99 euros vai moita distancia, aínda que o máis abraiante é que se compras o reprodutor de MP3 sen os altofalantes tes que pagar 119 euros (non é coña). Aquí a ficha do cacharro:

AIRIS N973/974AIRIS N973/974. MP3 (40 GB)
El Airis N491 es un reproductor de MP3 con el que podrá escuchar más de 10.000 canciones. Ahora toda su música le seguirá donde vaya. Sus fotografías y archivos también, porque puede descargárselas gracias al dispositivo que lleva incorporado para tarjeta SD. No se quede sin este fabuloso reproductor MP3 de 40 GB con batería recargable de litio.
Gracias a su formato compacto, este reproductor es el compañero de viajes ideal para escuchar sus mejores canciones y llevar siempre consigo sus datos a cualquier lugar donde se dirija.
Características técnicas:
– Formatos reproducibles: MP3 y WMA
– Pantalla LCD de 40 x 23 mm.
– Disco duro de 40 GB
– Frecuencia de respuesta: 20 Hz. a 20 Khz.
– Menú OSD multilenguaje
– Batería recargable de Ion Litio (950 mAh – 1350 mAh)
– 8 horas de reproducción

AIRIS L170 POP. Altavoces para MP3
Estos altavoces para MP3 de Airis L160 le servirán para que escuche sus canciones favoritas por todo lo alto. Airis le presenta estos fantásticos altavoces para que convierta su reproductor de MP3, sea cual sea, en un fabuloso equipo de música. Verá lo facil que es ya que incluye varios adaptadores y una salida de auriculares válida para cualquier MP3. Además se lo podrá llevar donde quiera porque solo mide 21 x 29 centímetros. Incluye mando a distancia.

O máis subliñable probablemente sexa que o reprodutor acepta tarxetas de memoria SD (algo que se agradece moito cando xa tes algunha ou simplemente para non ter que andar conectando o dispositivo ó PC para meterlle o último disco que baixaches da Internet e que igual non queres volver a escoitar) pero hai que admitir que se trata dun dispositivo con moi pouca autonomía (os dispositivos con disco duro de 40 Gb xa superaban as 10 horas de autonomía hai preto de 2 anos).
Easy Sound MP3 SD/MMCSobra dicir que o reprodutor non ten radio nin ningunha función engadida que non sexa a reprodución de MP3 e WMA, polo que vén a ser o equivalente do de Bestbuy (que le MP3 de tarxetas SD e só custa 11,99 euros) pero coa incorporación dun disco duro de 40 Gb.
iPod ShuffleTendo en conta que un disco duro portátil de 40 Gb anda por pouco menos de 60 euros, e que o paquete inclúe uns altofalantes, podemos dicir que a oferta de Airis é bastante boa, pero nada recomendable para os que prefiran un reprodutor de máis calidade (moitos usuarios prefiren ter pouca capacidade de disco pero poder recibir e gravar radio, unha autonomía decente e un formato máis portátil, pois sospeito que algún estará a agardar a que saia o novo iPod Shuffle de 1 Gb por 79 euros).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...