¡Karma 20!

Despois de 2 meses e medio chuzando, o meu perfil en Chuza! amosa un karma de 20… ¡redios! ¡O máximo! Supoño que será porque hai moitos usuarios de vacacións...

Despois de 2 meses e medio chuzando, o meu perfil en Chuza! amosa un karma de 20… ¡redios! ¡O máximo!
Karma 20Supoño que será porque hai moitos usuarios de vacacións e os que seguimos chuzando subimos rápido o noso karma. Agora só queda baixar, pero fai ilusión ver cómo se recoñecen as labores de edición non xerárquica nun sistema tan… Web 2.0 😛
O karma nun principio só é un xeito de medir a fiabilidade dun usuario, para que un visitante esporádico non conte igual que un veterano, o que tamén evita bombardeos de usuarios que queiran que unha nova sen interese se vexa promovida rapidamente. Con ese sistema tamén funcionan menéame e digg con moitísimo éxito, pero en Chuza! temos a nosa alternativa galega e dende aquí quérovos animar a participar chuzando as vosas novas preferidas.
Ah, e non confundades o karma de usuario co Karma Dice:
Portada de Karma Dice con Marlaska e os Pegamoides

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • O podcasting posto en valor

    Hai algo máis dun ano os oíntes do podcast La Órbita de Endor (LODE) coñecemos un experimento de iVoox a través do que ofrecíanse subscricións de pagamento, e finalmente...
  • Muuu (son unha vaca)

    Amala Zandile Dlamini, ou Doja Cat, é unha cantante californiana de 22 anos que conseguiu certo éxito en 2014, como demostra que o seu vídeo So High superase os...
  • Fisterra sucumbe ao carbono modificado

    A pasada fin de semana rematei de ver a serie Altered Carbon en Netflix, historia baseada no libro Carbono Modificado no que preséntase un futuro no que é posible...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...