O Día da Patria de 2006 sorpréndenos cun novo tema de Edilberto Alonso dedicado á toda á xente da emigración que vive a morriña e, como non, a toda Galicia, á que da en chamar Terra Meiga:
Se ben, Galicia será nación estaba inspirada nunhas declaracións de Anxo Quintana na súa procura dun estatuto de nación para Galicia, nesta ocasión foi Emilio Pérez Touriño quen deu pé ó novo tema de Edilberto cando afirmou públicamente que quería unha Galicia de primeira e destacou que non quería facer un feo á Coroa, a Santiago ou a Galicia. Ou sexa, que deixa claro que non casa nin co BNG nin co PSdeG, senón con Galicia.
A letra da nova canción é a que segue:
Terra Meiga
Terra galega… é a terra miña
de corredoiras fondas… e arredores na cima
con pasadoiros pequenos… pra ir a ver á moza miñaTerra galega… é a terra miña
canto boto de menos… aquelas romarías… nas carballeiras
o son das gaitas baixando pola ríaTerra galega… terra de Rosalía
Terra galega… de Pondal e de Murguía
Terra galega… tamén a de Emilia ( Pardo Bazán )
de Isaac Díaz Pardo… intelectual e artistaTerra meiga… chea de ledicia
Terra meiga… é a miña Galicia
Co vento irán as miñas bágoas
por non voltar a ela
e sentireina á miña beira
anque morra lonxe delaTerra galega… é a terra miña
de Emilio Pérez Touriño
por el ben defendida
Terra galega… por el ben presididae sentireina a miña beira
anque morra lonxe delaLarala laralala…
© 2006 Edilberto Alonso
Se queredes descargar a canción, como é habitual, remítivos á web de XuveCurtis, que é a fonte oficial de información sobre o novo trobador galego favorito.
Eu pola miña banda coido que a canción é demasiado tristeira, e prefiro outras como Down The Saint James Way ou Maixkenunka, que son máis movidiñas, pero se lle toucou o turno á morriña é normal que a canción non teña ritmos tropicais (non coma fai o David Bustamante, que co seu Devuélveme la vida parece que está contento de cortar coa moza, e non como facía Antonio Orozco uns meses antes compartindo o título da canción).