Se bebes, non conduzas… un programa de televisión

¡O que faltaba por ver! Diana Alonso, unha das 4 presentadoras do programa Juego TV de La Sexta acaba de quedar sen choio por conducir o seu programa bébeda...

¡O que faltaba por ver! Diana Alonso, unha das 4 presentadoras do programa Juego TV de La Sexta acaba de quedar sen choio por conducir o seu programa bébeda como podemos ler en Galicia Hoxe:

Despedida unha presentadora por conducir un espazo en laSexta ebria

A produtora holandesa 3 Circis Media despediu unha das presentadoras de Juego TV, un concurso de chamadas telefónicas que laSexta emite en directo en horario nocturno.

O espazo, que se grava directamente desde os Países Baixos, é presentado por catro mulleres, unha das cales, a española Diana Alonso, foi despedida recentemente por petición da cadea, tras considerar que Alonso conducía o formato nun notable estado de embriaguez. Algúns deses momentos “estelares” foron colgados en internet no portal youtube.com.

Tras revisar os vídeos en que a presentadora española animaba o concurso presuntamente ebria, laSexta púxose en contacto directamente coa produtora para solicitar o despedimento automático da moza, petición que se fixo efectiva ó pouco tempo da chamada da canle.

Juego TV é un programa que se produce e grava nos Países Baixos e que se distribúe en directo para varios países. O formato en cuestión nútrese dunha serie de concursos telefónicos -sopa de letras, ABC, a palabra perdida- e os concursantes poden gañar ata en 5.000 euros.

O programa, que laSexta emite na súa programación de 2.30 a 4.30 horas, era ata agora presentado por catro mozas de nacionalidade holandesa -Eva Donker-, colombiana -Ingrid Carolina Ríos- e venezolana -Jairam Navas-, ademais da propia Alonso.

Como ben din, en YouTube está o seguinte vídeo:
¡Iso si que é pillar unha boa chuza!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • O podcasting posto en valor

    Hai algo máis dun ano os oíntes do podcast La Órbita de Endor (LODE) coñecemos un experimento de iVoox a través do que ofrecíanse subscricións de pagamento, e finalmente...
  • O Banjo Fantástico

    Chámase Ollie, ten un banjo, e tras facer unha chea de versións de música de videoxogos como Out Run, Street Fighter II ou Tetris, inicia unha nova serie de...
  • Farruco nos primeiros tempos da Galega

    Aínda que moitos lembren a Xosé Lois Bernal López Farruco na Televisión de Galicia por aparicións na serie Terra de Miranda ou por presentar o programa Vivir Aquí con...
  • Fisterra sucumbe ao carbono modificado

    A pasada fin de semana rematei de ver a serie Altered Carbon en Netflix, historia baseada no libro Carbono Modificado no que preséntase un futuro no que é posible...