• O problema da antena do iPhone 4

    Durante os últimos días falouse moito do fallo de deseño da antena do iPhone 4, e dende CollegeHumor bromean co que Steve Jobs podería querer dicir (especialmente á xente de Gizmodo) na rolda de prensa que deu o pasado venres: Eu persoalmente non gustei nada do xeito no que...
  • O cómic dixital segundo Cels Piñol

    Non sei cómo tomar a última entrega de Fan Letal en Zona Negativa, pois Cels Piñol emprega un iPad para ilustrar a evolución do cómic á era dixital dun xeito bastante atinado, que sitúame entre a risa e a reflexión: Coido que coa imaxe quedan claros varios conceptos: –...
  • Bos días aos trebellos para o verán

    Hoxe foi o derradeiro programa normal do Bos Días da TVG, programa que chegará á súa fin durante o verán nunha edición reducida, e no que foi toda unha honra participar durante todo este curso. Encantoume o feito de que na Galega emitisen un magazine durante a mañá en...
  • Bos Días ao Android (e ao Nexus One)

    Esta mañá no Bos Días estiven a amosar o Nexus One a Carlos Amado, Xesús Peleteiro e Laura Casares, para ilustrar as bondades dos móbiles con Android, pero a cousa quedou moi incompleta porque non souben planificar ben o tempo e o móbil deume certos problemas por mor da...
  • «Recomendo o Twitter de Belén Esteban» (ou case)

    O Test Impertinente que ocupa a contraportada da edición de hoxe de El Progreso foi dirixido á miña persoa, o que quixeran entender que é pola miña condición de residente en Melide na rúa Progreso, que é unha curiosa coincidencia 😉 O cuestionario é obra de Marta Veiga (que...
  • Nexus One (I): Recibindo o terminal

    A primeiros de ano decidín que o mes de abril, data na que se estimaba a chegada a España do móbil Nexus One, ía mudar do meu vello iPhone 2G ao terminal promovido por Google ou a outro móbil semellante (de feito, gusto máis do seu irmán, o HTC...
  • Bos Días ao E3, os controis de movemento e as 3D

    Esta mañá no Bod Días da TVG tocou falar con Xesús Peleteiro e Carlos Amado das novidades da feira E3, que este ano eran a presentación xa comercial do Kinect de Microsoft (chamado ata o momento Proxecto Natal) e do PlayStation Move, aínda que ao final a meirande parte...
  • Bos Días a GalegoLab e ao iPhone 4

    Esta mañá no Bos Días da Televisión de Galicia, aparte de Carlos Amado e Laura Casares, estiveron con nós os navalleiros Xabier Cid e Álvaro Gómez para comentar a súa nova iniciativa de crowdsourcing GalegoLab, que está a ser todo un éxito de participación: Tras engadir algún detalle máis...
  • Bos Días ao Computex

    Hoxe no Bos Días da TVG falei con Carlos F. Amado e Laura Casares dalgunhas das novidades que puidemos ver estes días no Computex de Taipei, no que foi unha feira francamente aburrida pola teima de todos os fabricantes en lanzar os seus competidores para o iPad, aínda que...