• Estreamos dominio.gal

    Tras máis de 8 anos de traballo, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas puidemos pór en funcionamento a primeira páxina web creada baixo o dominio .gal, que é un espazo no que se recollen os prazos e condicións para acceder a este novo dominio, atendendo así unha...
  • ¡O río Furelos inunda Melide!

    Non, non o verán os meus ollos. Dada a diferenza de altura que hai entre Melide e o río Furelos é practicamente imposible que a auga chegue á vila, pero así pode verse dende unha páxina web que busca concienciar sobre a nosa pegada de carbono e o cambio...
  • As casetes vistas polos nenos de hoxe

    Encántame o último vídeo da serie Kids react!, no que amosan a reacción de cativos e mozos ante un radiocasete portátil: Non só é divertido ver como a necesidade de auriculares, o tamaño do reprodutor ou o sistema para saltar dunha canción a outra resúltalles como algo inconcibible, senón...
  • Xa temos dominio .gal

    A pasada noite ICANN delegou unha serie de dominios de Internet entre os que se atopaban o .eus e o .gal, o que significa que tras máis de 7 anos de traballo por fin temos un dominio para a lingua e a cultura galegas, ou sexa, que o .gal...
  • O Bichero en papel

    Alá polo ano 2008 a revista Retranca regalaba un libriño titulado Jalisia Kanibal no que recollían moitas das tiras de Luis Davila, e cando o pasado verán o propio Davila visitou a Radio Galega adiantounos que estaba a preparar un volume recompilatorio para antes do Nadal, pero eu o...
  • Primeiros bicos

    Aínda que Primeiros Bicos era unha serie francesa que botaban hai moitos anos pola TVG, estes días un vídeo que agochaba unha campaña promocional dunha marca de roupa parece estar a monopolizar a expresión, por amosar supostamente os primeiros bicos entre descoñecidos: Pero o éxito do vídeo (con máis...
  • Vituin, outra plataforma social da que fuxir

    A miña teima por denunciar aspirantes a plataformas sociais na Internet baseadas en scripts comprados e de reducida fiabilidade e legalidade é de sobra coñecida, tras amarlle unha boa aos mozos de Pervi.es, escandalizarme polo caso que os medios fixéronlle a Parobook e desarmar unha lamentable venda de fume...
  • A crise do cine en V Televisión

    O pasado venres o programa La Otra Vía de V Televisión foi un dos máis interesantes, ao abordar o tema da crise do cine saberdo abordar moitas das faces desta problemática, o que normalmente resulta complicado cando sentamos nunha mesa a representantes dunha industria e non aos seus consumidores....
  • O spagat de Van Damme levado a un novo nivel

    Un pequeno spagat para o home, un grande spagat para a humanidadeDespois de que Chuck Norris conseguise eclipsar a Jean Claude Van Damme, Linh Mai pensou que a cousa non podía quedar así, armouse co Cinema 4D e presentounos o que sería o retorno dos músculos de Bruxelas...