-
Xa teño comentadoen varias ocasións que son un detractor do envío de ficheiros de PowerPoint por correo electrónico, especialmente dende que hai solucións coma SlideShare que permiten compartir tal tipo de documentos dende a web, polo que non debería sorprender que publique hoxe aquí a presentación que gañou o...
-
O outro día comentábamos o proxecto de MapMyName, pero agora teño que incidir no feito de que xa ten unha réplica galega, Galicia Global, que co seu apartado de Galegos Globais quere censar ós internautas galegos para facilitar a súa comunicación. A campaña, que marca o noso lugar no...
-
No mes de marzo convidei a un par de persoas a probar Joost, e agora quero convidar a todo o que introduza o seu nome, apelido e enderezo electrónico nos comentarios desta entrada no meu blog (por suposto, o correo electrónico debedes incluílo no seu campo correspondente para que...
-
¡Flipadiño quedei! Iso de ver un banner do PP en Chuza! case me traumatiza. Menos mal que sei que a publicidade que teñen en Chuza! é automática, porque senón comezaría a tremer ó ver imaxes coma esta: É que, se vos fixades ben, na columna da dereita de Chuza!...
-
José Luis Orihuela e Enrique Dans lanzan un meme nos seus blogs que me parece interesante seguir, pois se trata de suxerir ós seus amigos o uso do servizo de localización Map My Name, que serve para situar ós internautas no mapa: Supostamente este experimento serviría para censar ós...
-
Nas pasadas datas varios blogs comentaron o servizo TouchGraph, que debuxa mediante unha aplicación Java un gráfico coas webs relativas á que se lle indique segundo o motor de Google, amosándo os seguintes veciños deste blogue: Como se pode comprobar, o gráfico pode servir de xeito doado para saber...
-
Acabo de comentar en Zapping algo sobre o que é o Joost (produto nado no Proxecto Venice) e como dixen non programa, se alguén quere unha invitación para non ter que agardar para probar a revolución televisiva na Rede, que me escriba un correo electrónico co seu nome e...
-
Hai bastantes meses que non vexo a Iván Puentes (a última vez coido que foi cando visitou Código TV) e agora entéromo a través do blogue de Blas que estreou un vídeo en YouTube co gallo da súa candidatura á alcaldía de Fene: Paréceme algo curioso iso de coñecer...
-
Para os que a entrada de Galicia na Internet e Vieiros sexan sinónimos datas como a do pasado sábado, na que o Barrio Galego na Internet facía 11 anos, resultan momentos moi interesantes para a reflexión. Facemos así contas do moito que se ten andado na Internet… e do...