• As pulperías continúan a chamar a atención dos peregrinos

    Periodicamente Google me remite alertas de guiris que publican textos na Internet falando de Melide, e a meirande parte dos mesmos acaba aparecendo a polbería de Ezequiel, pero hoxe é A Garnacha a que ten esta curiosa reseña elaborada por Judith e Tracey: The Pulperia — What a Slippery...
  • Preethi Yeke Bhoomi Melide

    Finalmente subiron a YouTube un videoclip da película de Bollywood máis melidense, Preethi Yeke Bhoomi Melide: Fíxome graza escoitar iso de “Melide-eeee” no retrouso da canción. O que non puiden evitar vendo o vídeo é a sensación de que en calquera momento ían aparecer os Monxes Budistas de Sakya...
  • R podería retrasarse en Melide

    Hoxe vin unha nota de prensa de R sobre os seus investimentos na provincia de A Coruña na que pon, entre outras cousas, o seguinte: as obras de despregamento da rede de R no conxunto da provincia coruñesa están rematadas nos concellos da Coruña, Santiago, Ferrol, Oleiros, Culleredo, Cambre,...
  • O paso da Autovía por Melide continúa a ocasionar conflitos interprovinciais

    Seguir a polémica do achegamento do trazado da Autovía A-54 polo concello de Melide resulta bastante complicado un día como hoxe, no que sae en media ducia de novas de La Voz de Galicia, como as que seguen: Por unha banda, a Deputación de Pontevedra (PP) quere que a...
  • Wi-Fi en Melide

    Aínda que a penetración da Internet non sexa moi boa en Melide, e as boas ofertas de ADSL continúen sen chegar á vila (seguimos a pagar máis por 1 Mbps do que nas cidades pagan por 20 Mbps), teño que admitir que me pareceu boa idea iso de que...
  • Ciberencontro melidense

    Melide deu moito que falar nos últimos meses neste blogue, en boa medida por mor das eleccións municipais, cando tomei consciencia do potencial melidense na Internet. Como comezamos a ser moitos, e polos alcumes é difícil recoñecer á xente, coido que é hora de que nos vexámolas caras, e...
  • San Caralampio 2.0

    Este ano os amantes da festa do San Caralampio aputáronse á febre da Internet, e publicaron fotografías e vídeos para rememorar o día, facéndome especial graza o de «si, si, si, somos de Millí»: Riki subiu a frioleira de 18 vídeos a YouTube que podedes seguir aquí de vez:...
  • Unha revista para Melide

    En vista do exito e do moito que dan de falar os distintos boletíns que circulan por Melide (de partidos políticos e de asociacións empresariais) quixera propor a creación dunha revista cultural ó estilo da seguinte: ¿Non credes que tería éxito? Ah, a moza da portada é unha das...
  • Continúa a polémica coa débeda do Concello de Melide (o PP responde ás acusacións do BNG e do PSdeG)

    Capullito de Alhelí informounos de que na web do Concello de Melide publican un comunicado oficial sobre a débeda municipal: O NOVO GOBERNO DE MELIDE TEN QUE FACER FRONTE A 3 MILLÓNS DE EUROS DE DÉBEDA ECONÓMICA As numerosas facturas pendentes de pago ascenden a 2 millóns de euros...