• Ifrit no Fantasporto

    Onte pola mañá, no Bos Días da TVG, Raquel Rosa cachou ao noso benquerido Ifrit no Fantasporto: Ifrit fai un seguimento do Fantasporto para GZnación e para Nova Fantasía (onde conta día a día o máis destacable do festival de cinema fantástico que ten lugar en terras portuguesas)....
  • Bos Días aos ordenadores zombi

    Esta mañá no Bos Días fixemos unha especie de tutti frutti, e falei con Carlos Amado e Laura Casares da botnet de ordenadores zombi chamada Mariposa, dos problemas de reloxo da PlayStation 3 do que a min gustaríame que pasase á historia coma Efecto Xacobeo e da presente edición...
  • Carlos Roma entrevista a Lois Oreiro

    O pasado 23 de marzo no programa Vía Láctea de Correo TV vin coma Carlos Roma facía unha excelente entrevista a Lois Oreiro co gallo do lanzamento dun poemario deste último, e finalmente podemos ver o programa íntegro na web: Dende aquí quero dar os meus parabéns a Roma...
  • A SGAE participa no Foro Aberto da TVG

    Onte pola noite sorprendeume ver que dende o Foro Aberto da TVG conseguiron que un representante da SGAE acudise ao programa a defender a postura da súa entidade sobre temas como a polémica da representación da obra de teatro Bodas de Sangre por parte duns alumnos do Zalaeta: En...
  • Bos Días a Battle of Puppets

    Esta mañá no Bos Días da TVG coincidín cos mozos de Small Wonders, un estudo de videoxogos con sede en Lugo que veñen de desenvolver un dos mellores xogos para iPhone do que vai de ano, Battle of Puppets, que recomendo a todo aquel que teña un iPhone ou...
  • Ricardo Galli en Cámara Abierta (La 2)

    Onte, o fundador de Menéame.net abriu o programa Cámara Abierta de La 2 de Televisión Española (o incrustador de vídeos de TVE vai cando lle cadra, pero o clip pode verse sen problema na web do ente público): Pero o máis rechamante de toda a intervención de Galli foi...
  • Televisión Española: ¡iso chámase censura!

    A pasada noite, ao meterme na camiña, déuseme por mirar as actualizacións de Twitter no iPhone e vin que había comentarios múltiples sobre un tal John Cobra que montara todo un rebumbio na gala para elixir candidato para Eurovisión, cunha ligazón a YouTube para ver o momento, e non...
  • Debate sobre a banda larga en RadioVoz

    Esta mañá, co gallo do Plan de Banda Larga en Galicia 2010-2013, tivo lugar unha tertulia no programa Voces de Galicia de RadioVoz no que coincidimos no estudo coruñés Patricia Ferrol, Javier Wicho Pedreira e o que subscribe, reiterando argumentos que temos comentado noutras ocasións: Isidoro Valerio rematou o...
  • Os números telefónicos de tarificación especial

    Onte no Bos Días, Miguel López, secretario da Unión de Consumidores de Galicia, explicou con bastante acerto o funcionamento dos números de tarificación especial, que poden causar máis dun susto: Coma di Miguel, é recomendable avisar ao operador de telefonía que queremos bloquear o acceso a este tipo de...