A SGAE participa no Foro Aberto da TVG

Onte pola noite sorprendeume ver que dende o Foro Aberto da TVG conseguiron que un representante da SGAE acudise ao programa a defender a postura da súa entidade sobre...

Onte pola noite sorprendeume ver que dende o Foro Aberto da TVG conseguiron que un representante da SGAE acudise ao programa a defender a postura da súa entidade sobre temas como a polémica da representación da obra de teatro Bodas de Sangre por parte duns alumnos do Zalaeta:

En xeral a intervención de Javier Vidal foi decepcionante, pois limitouse a argumentar que a SGAE opera cumprindo coa legalidade vixente. Se deixamos a cousa aí, claramente non hai debate, nin desto nin da política, o fútbol ou o case calquera tema, pois o público non está molesto porque a SGAE estea composta por unha chea de criminais, senón porque actúan dun xeito moi discutible.
Dá a impresión de que o único xeito de racionalizar a SGAE será cambiando a Lei da Propiedade Intelectual, e para que un futuro cambio lexislativo vaia en favor dos cidadán podemos agardar sentados se atendemos a iniciativas coma o ante-proxecto de Lei de Economía Sustentable. 🙁

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • O podcasting posto en valor

    Hai algo máis dun ano os oíntes do podcast La Órbita de Endor (LODE) coñecemos un experimento de iVoox a través do que ofrecíanse subscricións de pagamento, e finalmente...
  • O Banjo Fantástico

    Chámase Ollie, ten un banjo, e tras facer unha chea de versións de música de videoxogos como Out Run, Street Fighter II ou Tetris, inicia unha nova serie de...
  • Farruco nos primeiros tempos da Galega

    Aínda que moitos lembren a Xosé Lois Bernal López Farruco na Televisión de Galicia por aparicións na serie Terra de Miranda ou por presentar o programa Vivir Aquí con...
  • Fisterra sucumbe ao carbono modificado

    A pasada fin de semana rematei de ver a serie Altered Carbon en Netflix, historia baseada no libro Carbono Modificado no que preséntase un futuro no que é posible...