• As forzas do Imperio toman Compostela

    Esta tarde non puiden quedar en Santiago para ver cómo unha formación de Stormtroopers imperiais tomaban a Praza do Obradoiro deixando claro que ante a crise económica non hai monarquía nin República que sirva, e debemos someternos ao Emperador e á férrea man de Darth Vader 😉 Por fortuna,...
  • Bos Días a Google TV

    Esta mañá falei no Bos Días da TVG con Carlos Amado e Xesús Peleteiro da intención de Google de achegar a web ao televisor a través dun ecosistema chamado Google TV e que, polo momento, conta co apoio de Intel, Sony e Logitech. A iniciativa parece interesante, pero haberá...
  • Bos Días aos novos soportes de lectura

    Hoxe no Bos Días da TVG, tras un accidentado comezo animal, falei con Carlos Amado e Xesús Peleteiro sobre a adopción da tecnoloxía por parte dos maiores e dos novos soportes de lectura que están a impulsar toda unha revolución: O tema comenteino porque esta semana coincidiron varias novas...
  • Bos Días ás redes cada vez máis sociais

    Esta mañá no Bos Días da TVG falei con Carlos Amado e Laura Casares da evolución que están a ter as plataformas coma Facebook para facerse cada vez máis sociais, trasladando prácticas como a recomendación de música e libros ás súas páxinas web, no que podería converterse nunha democratización...
  • Bos Días ao Boogie Board e ás 3D

    Esta mañá no Bos Días da TVG falei con Xesús Peleteiro e Carlos Amado dos televisores 3D, sen profundizar moito, en boa medida porque antes enredamos un chisco cunha Boogie Board: O curioso encerado dixital só consume enerxía ao borrar o seu contido da pantallas, e a súa batería...
  • Galicia, valor engadido

    Onte, no programa Foro Aberto da TVG falaron sobre a galeguidade das empresas co gallo da venda de parte das accións de R a CVC Capital Partners, enriquecendo a información cunha interesante reportaxe na que puidemos ver a xente tan popular na Internet galega coma Berto Yáñez (A Navalla...
  • Bos Días á realidade aumentada

    Hoxe comentamos lixeiramente no Bos Días o que é iso da realidade aumentada, tecnoloxía que cada vez vai ser máis común grazas á popularización dos móbiles con GPS e compás dixital: De todos os xeitos, coido que o da realidade aumentada non vai quedar só en amosar información posicionada...
  • Os policías municipais aparcan mal

    Onte en Turkía puxeron unha imaxe na que podíase ver un coche da Policía Municipal aparcado nunha praza reservada para discapacitados, o que é un acto incívico de primeira orde, pero o peor de todo é cómo rematou a labor de investigación de Txury e Antón para conseguir unha...
  • Lembrando Todos A Bordo

    Onte en A Polos 25 da TVG presentaron varios momentos do concurso Todos A Bordo: ¿Recoñecedes ao tío do polo verde que sae entre o segundo 15 e 25? O condenado nestes 12 anos cambio moito nunhas cousas e pouco noutras. Vaia, que se hoxe volvese a algún concurso...