Bos Días a Google TV

Esta mañá falei no Bos Días da TVG con Carlos Amado e Xesús Peleteiro da intención de Google de achegar a web ao televisor a través dun ecosistema chamado...

Esta mañá falei no Bos Días da TVG con Carlos Amado e Xesús Peleteiro da intención de Google de achegar a web ao televisor a través dun ecosistema chamado Google TV e que, polo momento, conta co apoio de Intel, Sony e Logitech. A iniciativa parece interesante, pero haberá que ver o que fan con el os desenvolvedores nos vindeiros meses (agárdase que sexa algo tanxible para o verán de 2011), aínda que polo momento serve para reflexionar sobre o consumo televisivo:

Eu teño clarísimo que o consumo pasivo de televisión non vai desaparecer, pero o que está claro é que cada vez teremos máis opcións onde escoller, o que será todo un reto a nivel comercial, pois a fragmentación da audiencia dificulta a súa capitalización.

¿Vai cambiar a televisión a medio prazo? Pois eu penso que en realidade xa mudou, só que este cambio limitouse só á audiencia máis tecnófila. Co tempo, o resto do público irase adaptando, e agardemos que os xeradores/distribuidores de contido saiban reaccionar a tempo, pois é mellor que ofrezan eles mesmos os seus produtos (podendo rendibilizalos economicamente) que deixar que circulen ceibos.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS