Bos Días ás redes cada vez máis sociais

Esta mañá no Bos Días da TVG falei con Carlos Amado e Laura Casares da evolución que están a ter as plataformas coma Facebook para facerse cada vez máis...

Esta mañá no Bos Días da TVG falei con Carlos Amado e Laura Casares da evolución que están a ter as plataformas coma Facebook para facerse cada vez máis sociais, trasladando prácticas como a recomendación de música e libros ás súas páxinas web, no que podería converterse nunha democratización da cultura que está a resultar crucial para os autores que non contan con apoio de grandes distribuidoras:

A integración de Spotify con Facebook pareceume realmente boa, e agardo que no futuro outras ferramentas dean pasos semellantes, pois a centralización da nosa identidade en liña resulta moi cómoda para relacionarnos cos nosos amigos, aínda que haberá que ter moito tino coa configuración de privacidade de todo o que compartamos, para evitar sustos.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS