-
O programa Oh Happy Day da TVG non sei se funcionará moi ben a nivel de audiencia, pero ante o feito de que na gala de onte cantaron o Don’t Stop Me Now de Queen e incluso ousaron versionar o Let It Go, teño que admitir a cousa para...
-
Esta noite na Galega dedicaron uns minutiños para dar conta da celebración da Festa do Melindre en Melide o vindeiro domingo: Aproveito para dar conta de que o programa A Tarde da Radio Galega estará o venres de 16:00 a 19:00 horas no Salón de Plenos do Concello. Unha...
-
Co gallo da celebración do Día de Star Wars, por aquilo do May the 4th, o programa Boas Tardes da TVG achegouse a falar coa xente da Tropa Korriban na tenda de Alita Comics en Compostela e tamén convidou a Iñaki Quenerapú a visitar o seu plató:...
-
Teño que admitir que nos últimos meses estaba moi gratamente sorprendido pola campaña en redes sociais que estaban a facer da serie Hospital Real, amosando as súas magníficas caracterizacións, e creando bastante expectación ao redor dunha serie da que non se sabía nada, en boa medida, por non ter...
-
Onte puiden asistir á estrea de Los Vengadores: La Era de Ultrón, e como era de agardar atopei unha película divertida, que segue á perfección a liña das súas predecesoras e que á hora de valorala colocaríaa nun punto intermedio entre Los Vengadores e Capitán América: El Soldado de...
-
Glove e Boots seguen a facer das súas, a na última semana publicaron unha divertida escolma de inventos futuristas: A espada de luz é un dos inventos máis flipantes que amosan, pero «tecnicamente é de hai moito tempo nunha galaxia moi lonxana», polo que non contaría, de xeito que...
-
A compositora e pianista Sonya Belousova está a cativar a whovians de todo o mundo coa súa última creación, un videoclip no que pode vérselle celebrar máis de medio século do Doutor Who interpretando o seu tema musical e incluso lucindo a roupa das distintas rexeneracións do Doutor. Temos...
-
En Singapur teñen unha curiosa serie de televisión gravada en inglés (flipo!) titulada Spouse For House que tivo un episodio emblemático a semana pasada: É a partires do minuto 8:16 onde empeza unha ridícula historia, acompañada por un ridículo vídeo musical que eu compararía co Smelly Cat de Friends,...
-
Ante o novo trailer de Batman v Superman: Dawn of Justice hai que prefire tirar do humor e a nostalxia, e mesturar o son do vídeo promocional con imaxes de Christopher Reeve e Adam West cun resultado impresionante:...
Debe estar conectado para enviar un comentario.