• Exposición de César Lombera en Melide

    Es fin de semana se inaugura unha exposición fotográfica en Melide que promete ser interesante, segundo publica Rebeca Ponte no seu blog: Este sábado día 27 de Septiembre inauguramos en Sanoguera Fotografía Arte y Diseño la exposición de la colección fotográfica “Impresión dixitais” de César Lombera. César Lombera es...
  • As consolas de videoxogos hoxe

    Onte a consola de Microsoft, a Xbox 360, baixou de prezo (20, 30 e 70 euros segundo o modelo), e como nin Sony nin Nintendo van rebaixar as súas videoconsolas (xa que Sony continúa a perder cartos con cada PlayStation 3 que vende e Nintendo quere aproveitar que incluso...
  • Compies en Viñetas desde o Atlántico

    Non sen tempo, a xente de Compies vén de publicar na Internet a súa videorreportaxe sobre o certame deste ano de Viñetas desde o Atlántico: A reportaxe está moi ben, e me fixo graza recoñecer a algún que outro friki. Tamén resulta rechamante que xusto onte foi cando me...
  • Volve Vaya Semanita á ETB

    En pleno éxito de ABBA (co musical, a película e un o seu propio SingStar en breve) os de Vaya Semanita anuncian o seu regreso á televisión eúsquera: A promoción é boísima, e xa me convenceu para facerme coa primeira tempada do programa, que vai saír en DVD en...
  • Navalladas no San Caralampio

    Para min o San Caralampio deste ano destacou polo que parecía que era a volta á calma. Non había xente manchando de viño a quen se cruzara con el pola rúa e ata o que eu vin a xente se comportou pacificamente, pero todo iso quedou eclipsado por un...
  • O derradeiro vídeo musical de Nagi Noda

    En Boingboing lembran o pasamento da artista Nagi Noda (os accidentes de tráfico é o que teñen) poñendo o último vídeo musical que dirixiu, correspondente ao tema Precious da cantante nipona Meg. Coñezo pouco a obra de Noda, pero con esta peza quédame claro que o uso de efectos...
  • Meilling 2008: as olimpíadas do viño

    Nestes momentos medio Melide se está a encher de viño preto da miña casa, e como non teño imaxes da celebración, poño un logotipo para a peña do meu irmán deste ano (non é o definitivo, pero fíxome graza): Supoño que nos vindeiros días veredes unha escolma de fotografías...
  • Mañá celébrase o San Caralampio en Melide

    O San Caralampio é a festa etílica melidense que se celebra o segundo domingo do mes de setembro en boa medida para andar de troula sen os jolines, ou sexa, que é unha festa de consumo interno, de aí que lle chamen A Nosa Festa. Eu non gusto do...
  • Retiran o número 10 de All Star Batman & Robin das tendas estadounidenses

    O pasado mércores tería que saír á venda nos EE.UU. o cómic All Star Batman & Robin nº 10, e a distribuidora avisou ás tendas que recibisen tales exemplares que non os vendesen, instándoos a destruír os exemplares (conta que xa). Non daban señas da causa da retirada do...