Retiran o número 10 de All Star Batman & Robin das tendas estadounidenses

O pasado mércores tería que saír á venda nos EE.UU. o cómic All Star Batman & Robin nº 10, e a distribuidora avisou ás tendas que recibisen tales exemplares...

portada do problemático All Star Batman & Robin número 10O pasado mércores tería que saír á venda nos EE.UU. o cómic All Star Batman & Robin nº 10, e a distribuidora avisou ás tendas que recibisen tales exemplares que non os vendesen, instándoos a destruír os exemplares (conta que xa). Non daban señas da causa da retirada do cómic (normalmente estas cousas se fan cando hai un erro de impresión), pero dende La Cárcel de Papel comentaron que o motivo non foi outro que a linguaxe empregada no exemplar, pois os tacos terían que aparecer tapados por unhas bandas negras que finalmente eran dunha cor gris escura que permitía ler o texto agochado sen problemas.
O asunto intrigoume e mirei se había páxinas dese número circulando pola Rede et voilà!, atopei un par de páxinas que ilustran perfectamente o polémico problema de impresión:
malotes insultando a BatgirlBatgirl soltando tacos
As frases dos malotes que se deixan ver serían as seguintes:

Hey– you little CUNT–
FUCK me that little CUNT stole my board!
FUCK you twice, DICKWAD, you let a FUCKing little piece of jailbait
ASS steal your wheels…
…little jailbait CUNT’s making us look bad… we cut her come on…
…sweet piece in sweet slices… tasty sliced booty the little CUNT…
And these ASSHOLES make a devil’s fortune of it

Pero Batgirl tampouco queda curta, e solta frases como:

Text every friend you’ve got, SHITheads–
Sell your poison somewhere else. This arcade belongs to the FUCKing Batgirl.

Haberá que dicirlle ao comisario Gordon que lave a boca da súa filla con xabrón 😉

Supoño que todo este follón sería porque o resultado impreso do cómic non era o que agardaban, pois a editorial pretendía publicar os tacos tachados (de xeito que continúan a entenderse, pero que permitiría que os nenos puidesen ler os comics sen problemas), e non creo que se trate dun caso de censura, senón que estarían a ter certas precaucións (equivalentes aos pitidos nos programas de televisión) para evitar posibles queixas de pais, aínda que algún malpensado podería crer que todo isto non é máis que unha estratexia publicitaria.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS