-
Hoxe en La Voz podiamos ler a seguinte nova: La biblioteca melidense adquiere una colección de 500 cómics La biblioteca municipal de Melide, Xosé Vázquez Pintor, dispone de un nuevo reclamo para sus usuarios. Se trata de una colección de cómic y banda diseñada que el Concello adquirió recientemente...
-
Dende Tractis lembráronme que o domingo remata a súa campaña de reparto de lectores de DNI electrónico, de xeito que os usuarios que queiran facerse cun destes interesantes trebellos USB por só 2 euros (en concepto de gastos de envío) deben solicitalo xa. Eu xa teño o meu, e...
-
Esta mañá no Bos Días da TVG falei con Carlos Amado e Xesús Peleteiro da novidade da semana, o Google Street View, que mellorou considerablemente a súa cobertura, incorporando a boa parte de Galicia: Tamén comentei outros detalles das posibilidades dos GPS nos móbiles, e do servizo Google Latitude:...
-
Hoxe levei unha grata sorpresa ao comprobar que non só Santiago, Lugo, Vigo ou Coruña están accesibles a pé de rúa dende os mapas de Google senón que tamén as rúas de Melide poden visualizarse a través da Internet en 360 graos: Visualizar o mapa ampliado A cousa non...
-
Na miña casa recibimos sen problema a Televisión Dixital Terrestre dende hai anos, polo que entendía que en Melide non había ningún problema de recepción, pero vese que si había zonas de sombra, que están a piques de solucionarse para que para o comezo de 2010 poidan proceder ao...
-
A semana pasada a Axencia EFE difundiu unha nova na que no titular asegurábase que La UE acuerda que se podrá cortar el acceso a internet sin orden judicial, baixo a máxima de non deixar que a realidade estropee unha boa nova. Así, Javier Wicho Pedreira xa explicou nun...
-
Hai uns días a miña nai chamome por teléfono porque a TVG víase mal, e saía a imaxe deformada. Comentellei que debía de ser un erro de formato a través da TDT e que probase a ver a emisión en analóxico e, sorprendentemente, solucionouse o problema. A incidencia repetiuse...
-
Cando leo algunhas informacións sobre a dinamización TIC en Galicia tendo a pensar que vaise por bo camiño, xa que os sectores produtivos da sociedade van entendendo o que é iso da Internet, e as portas que abre, de aí que aplauda iniciativas coma o proxecto DifundeTic (aínda que...
-
Esta mañá tiven unha reducida intervención no Bos Días da TVG por mor do conflito do Alakrana (que restou tempo aos contidos habituais do programa) polo que só puiden comentar algúns detalles sobre as velocidades de acceso á Internet: Supoño que en vindeiros programas poderemos adentrarnos novamente no tema,...