-
En Monkeyzen dan conta dun anuncio orixinal e divertidísimo da australiana tenda Coast Yamaha: Non sei cantos residentes de Adelaida verían o anuncio pola televisión, pero en YouTube xa superou as 250.000 reproducións, polo que supoño que a tenda está a saír coa súa, e grazas ao humor está...
-
Non acabo de entender a teima que teñen ultimamente os xornais de vendernos produtos innecesarios, de pouca calidade ou a prezos de mercado coma se fosen grandes ofertas, e a última é a que incluirá El País o vindeiro domingo: Para comezar, o receptor en cuestión é do peor...
-
A versión do Bohemian Rhapsody de Queen que fixeron os Teleñecos é unha obra de arte, que aínda que no momento de escribir estas liñas ten só 320 reproducións en YouTube, coido que en poucas horas vai conseguir milleiros de reproducións, pois paga a pena: Non son moi obxectivo...
-
Esta mañá RadioVoz foi a emisora de radio máis tecnolóxica de España, pois de casualidade sucedéronse moitos contidos relativos á Internet e as TIC, como a miña sección de costume, un par de entrevistas e unha interesante tertulia na que participaron Miguel López (retomando os argumentos que defendeu no...
-
Hoxe fun á Comisaría de Lonzas a por o meu flamante DNIe, e sorprendeume ver que a pantalla na que amosaban os números para ser atendidos presentaba un erro bastante familiar: Os ordenadores poden fallar, pero cando pasa nun equipo dun establecemento público e/ou nunha pantalla de grande tamaño,...
-
Miguel López da Unión de Consumidores de Galicia falou este venres no Bos Días da TVG do que suporá a aprobación da banda larga a 1 Mbps coma servizo universal en España en 2011: Teño que coincidir en que 1 Mbps é unha conexión insuficiente para a Internet actual...
-
A miña colaboración de hoxe no programa Bos Días da TVG (que hoxe chegaba á súa 50ª entrega) foi un chisco diferente, pois nun primeiro momento falamos de robots con varios expertos: Eu continúo a pensar que a palabra robot tende a levar a equívocos, e a xente pensa...
-
Onte en Voces de Galicia participaron nunha interesante tertulia sobre o libro electrónico Tati Mancebo e representantes da industria editorial para falar dos e-books e a revolución que supoñen de cara ao futuro: O tema ten moitos puntos de vista, pero sorpréndeme que os axentes do sector sexan tan...
-
Tras ver os datos que comentan en 233grados.com sobre a caída dos medios dixitais no último ano, déuseme por mirar se algo semellante pasaba en Galicia: Polo que podemos ver segundo Google Trends, os medios dixitais poderían estar a perder a metade da súa audiencia nun par de anos,...