19 Xaneiro, 2022
En 2005 o álbum Monkey Business dos Black Eyed Peas foi un exitazo, e aínda que o tema que deixou maior pegada foi Pump It, especialmente polo seu impresionante vídeo musical, con My Humps tamén funcionou moi ben, e dende There I Ruined It quixeron pasar a canción polo filtro dos Teletubbies cun resultado moi divertido.
Estes tolos son quen de facer pasar a Nirvana por unha banda de K-pop:
Saben mesturar a Beyoncé con Outkast:
Converter o tema máis coñecido de Twisted Sister nunha canción de Nadal non ten prezo:
E incluso chegan a rozar o ceo cun temazo coma o seguinte: