A nostalxia ten moita forza, e de cando en vez serve de inspiración para fermosas marabillas, como o vídeo de Eric Powers no que fixo un repaso da historia dos videoxogos mediante animación de papel acompañada polo tema Video Games do álbum Mixtape for the Milky Way con música de John Mark Nelson e letra e voz de Jeremy Messersmith.
Esta homenaxe é toda unha obra de arte que espertará lembranzas en moitos á vez que asombra coa súa simplicidade. A selección de xogos é bastante persoal, pero a meirande parte son moi recoñecibles, á vez que a letra pode chegar ao corazón dos que se introduciron no mundo dos videoxogos a mediados/finais dos anos 80.
O vídeo é bastante recente, e sospeito que en YouTube rematarán acumulando centos de milleiros de reproducións co paso dos anos, como aconteceu coa recreación en papel dos fatalities do Mortal Kombat e o resumo da triloxía orixinal de Star Wars.
A letra da canción di tal que así:
when i was young i played video games
castles and dungeons and damsels to save
every night in the dark i would play
i played on a flickering color tv
i played with my forehead pressed up to the screen
and i played until i would catch fire
and for a little while i knew that i couldn’t lose
nothing in the world could tear me away
when i grew up i played video games
in basement apartments and empty arcades
and i learned it was all just a joke
there were no kingdoms or damsels to free
no guardian angels that i’d ever seen
and no gods but the ones that we make
but for a little while i knew that i’d never lose
nothing in the world could tear me away
life isn’t much like a video game
sometimes it’s hard and there’s nowhere to save
and you can’t start it over again
so every day i play video games
i guess i don’t know what you want me to say
i just don’t want to cry anymore
Debe estar conectado para enviar un comentario.