Novo tráiler de Los Últimos Jedi

O vindeiro filme da saga galáctica máis célebre de todos os tempos ten por fin un novo tráiler, que ten pinta de estar ateigado de spoilers, aínda que colocando...

O vindeiro filme da saga galáctica máis célebre de todos os tempos ten por fin un novo tráiler, que ten pinta de estar ateigado de spoilers, aínda que colocando as secuencias nunha orde que probablemente leve a engano. 😉

Coa publicación do tráiler, ábrese a venda de entradas na meirande parte de salas de cine, cando menos da sesión das doce da noite entre o xoves e o venres. E si, xa hai moitos tolos que correron a mercalas.

Tamén aproveitaron a ocasión para estrear un novo cartel da película:

En decembro sairemos de dúbidas sobre se imos ter unha nova triloxía decente, ou se confírmase o ruxerruxe que apunta a que a historia das novas películas flúe sen rumbo, e non existe unha estratexia real detrás das mesmas (senón que fanse sobre a marcha).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS