Novo trailer dos Catro Fantásticos

Parece que se abriu a tempada de trailers, e tras Star Wars e Batman v Superman temos agora o de Fantastic Four, unha revisión dos Catro Fantásticos que dá...

Parece que se abriu a tempada de trailers, e tras Star Wars e Batman v Superman temos agora o de Fantastic Four, unha revisión dos Catro Fantásticos que dá bastante medo, e que confirma todos os temores co novo vídeo promocional:

Polo que se ve, a historia ten cada vez menos que ver coa orixinal, e parece ser máis unha revisión da anterior película que unha nova achega aos comics. Amais, iso de mudar de raza a Johnny Storm e ao seu pai (o que obrigará a explicar que Sue sexa branca) e cambiar unha vez máis (que xa cansa) a orixe do Dr. Doom… son alteracións que lonxe de reinventar a historia, o único que fan é cambiar detalles sen importancia para nada. O que si é un cambio importante é que pasan dos raios cósmicos e supoño que o que fan é unha achega á Zona Negativa. Un interesante xiro que probablemente non exploten debidamente.

Polo momento o único consolo é que visualmente pinta ben, especialmente no caso de La Cosa, que non dá peniña como nas últimas pelis, aínda que seguimos sen ter un Dr. Doom digno. Pouca xustiza se lle fai ao personaxe cada vez que se lleva á vida fóra das series de animación (onde o respectan moito máis).

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS