A pasada noite a serie de televisión de Supergirl despediu a súa segunda tempada, e aproveitaron a ocasión para facer publicidade do novo filme de Wonder Woman protagonizado por Gal Gadot.
Pero, a que vén a conto a promoción? Por que se elixiu a serie de Supergirl? Aínda que poderiamos pensar que estamos ante algo que atende simplemente a que Supergirl é unha serie que coida a presenza de personaxes femininos fortes, realmente detrás hai outro detalle moi importante: nesta ficción a presidenta de EE.UU. está interpretada por Linda Carter, a actriz que facía de Wonder Woman en televisión na segunda metade da década dos 70. Vaia, que a promoción é unha frikada de coidado!
Sobre o filme de Gal Gadot cómpre salientar o detalle que en España vai estrearse o 23 de xuño, pero a premiere norteamericana é este mesmo venres, e o 1 de xuño estrearase en Reino Unido e Portugal. Vaia, que non me sorprendería que algúns fikiños galegos cruzasen o Miño para calmar as ansias dunha película que sorprendentemente está a recibir boas críticas.
Debe estar conectado para enviar un comentario.