Como ser Armario Empotrado chega aos escenarios

O vindeiro venres estréase na Illa de Aurousa o novo espectáculo de Marcos Pereiro, Como ser Armario Empotrado, un monólogo que durante un par de meses percorrerá Galicia en...

O vindeiro venres estréase na Illa de Aurousa o novo espectáculo de Marcos Pereiro, Como ser Armario Empotrado, un monólogo que durante un par de meses percorrerá Galicia en solitario, contando a súa experiencia nun particular ximnasio.

A cousa promete ser unha risa, e as oportunidades para ver a Marcos en directo son bastantes. Eu xa collín a miña entrada para velo o 24 de marzo no Fórum Metropolitano da Coruña, pero tamén o tedes o 17 de marzo en Ribadeo, o 30 de marzo na Nave de Vidán (Compostela), o 7 de abril en Cedeira e o 15 de abril en Redondela.

Teño moita curiosidade por ver como se desenvolve Marcos en solitario no escenario, aínda que tamén teño claro que vou escachar coa risa ao escoitar as anécdotas de Armario Empotrado.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS