Probando o Nokia Refocus na Radio Galega

Hoxe recibimos no programa A Tarde da Radio Galega a Germán García de Cortes de Muar, que chegou acompañado por Xosé Ramón Nóvoa (toda unha sorpresa para min, pois...

cortes_de_muar_WP_20131209_006Hoxe recibimos no programa A Tarde da Radio Galega a Germán García de Cortes de Muar, que chegou acompañado por Xosé Ramón Nóvoa (toda unha sorpresa para min, pois non me comentara nada), que viñan a comentar o recoñecemento que recibiu o seu magnífico queixo nos World Cheese Awards. Entendo que o premio é moi merecido, pois o queixo que nos deixaron probar estaba riquísimo.

Aproveitei a ocasión para probar a aplicación Nokia Refocus do móbil, para poder así compartir o resultado por aquí (iso de poder enfocar a imaxe a posteriori picando no queixo ou na vaca ten a súa graza):

Tras a súa visita, deixáronnos un dos seus queixos de tetilla, deses que teñen unha vaca raíña na etiqueta, e foi a metade alá en poucos minutos (coido que antes dunha hora xa tiña voado o queixo enteiro.

cortes_de_muar_WP_20131209_011

Gusta ver que non só se fan bos produtos na terra, senón que tamén saben vestilos ben.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...