Spider-Man: Homecoming estrea tráiler

A nova aventura cinematográfica de Spider-Man apunta maneiras, e para deixarnos ver un anaco do que será Spider-Man: Homecoming, o filme no que Sony Pictures quixo aproveitar a forza...

A nova aventura cinematográfica de Spider-Man apunta maneiras, e para deixarnos ver un anaco do que será Spider-Man: Homecoming, o filme no que Sony Pictures quixo aproveitar a forza do Universo Marvel cinematográfico (en vez de ter un universo de seu, como nas anteriores películas do trepamuros) tomou un curioso xeito de estrear o seu primeiro tráiler: a través do programa de televisión de Jimmy Kimmel.

Agora xa está aquí e podemos ver en acción unha vez máis a Tom Holland facendo de Peter Parker, con cameos de Robert Downey Jr. como Tony Stark (que case seguro que sairá só uns segundos máis na montaxe final que no tráiler), a presentación dos compañeiros de insti de Parker, de Michael Keaton facendo do Voitre e incluso o que confío en que sexa unha pequena aparición do Shocker (pois as parellas de malvados tenden a rematar en filmes horrendos).

Polo momento hai unha cousa que parece gustar: o filme ten unha identidade de seu. A ver se o confirman o 7 de xullo de 2017, cando a produción chegará á grande pantalla.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS