Spider-Man 3

O pasado venres, tras rematar en Correo TV, puiden facer algo por primeira vez en 2007: ir ó cine. Por suposto, tocaba ver a última película do noso benquerido...

O pasado venres, tras rematar en Correo TV, puiden facer algo por primeira vez en 2007: ir ó cine. Por suposto, tocaba ver a última película do noso benquerido veciño Spider-Man, e na taquilla dos cines de Área Central agasalláronme xunto coa entrada cun holograma lenticular no que se podían ver dúas imaxes o vello cabeza de rede intercambiando as cores do seu traxe:
Spidey vermelloSpidey negro
Da película podo dicir que, como de costume, o trailer contaba case toda a historia (cando menos para quen coñeza os comics):
Pero o que non acabo de comprender é por qué nun principio o grande malvado da película ía ser o Home de Area e finalmente promocionan a Venom (que sae moito menos na película):
Iso si, como se pode ver nos vídeos promocionais, a película é moi espectacular e eu recomendo vela, aínda que sexa demasiado longa para o meu gusto (sigo apostando polos 90 minutos, fronte ós máis de 120 que están de moda en certas producións). Pero postos a criticar a película tamén se pode dicir que traiciona ás anteriores entregas e ós comics ó cambiar a identidade do asasino de Ben Parker, que resulta ridícula a incorporación de Gwen Stacy á saga (posto que Mary Jane xa suplía a Gwen na primeira película do trepamuros), a aparición de varios malos na mesma película lembra ó que pasaba nas últimas películas da anterior saga de Batman (ou sexa, Batman Forever e Batman & Robin) e, finalmente, o guión carece de consistencia, con xiros na historia que non se explican e ducias de detalles que só poden pillar os lectores dos comics (ou que viran a serie de televisión).

A película ten cousas malas, pero admito que gustei dela moito máis que de Spider-Man 2, ou sexa, que coido que vai ser unha das películas de máis éxito do ano, pois combina con moito acerto a acción (que incluso é demasiado esaxerada) e o humor, quedando para o recordo tanto a mala hostia de J. J. Jameson coma o cameo de Bruce Campbell (o francés do restaurante).

Agardemos que esta película peche unha triloxía que pode resultar así antolóxica, e que non a caguen como fixeron con Superman e Batman tentando sacar máis zume dunha froita que xa estaban ben aproveitada.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS