Nos últimos días nos medios falábase da Misión Especial Galega como algo circulaba pola Rede, e aínda que estaba claro que era unha promoción de GADIS, até hoxe non se veu que detrás estaba o novo anuncio televisivo da cadea de supermercados que aproveita a ocasión para facer algo de humor con analoxías espaciais como a dos astronautas da NASA con nasas, ou os «complementos de Plutón, que unhos picarán e outros non» (si, por desgraza coido que é o anuncio de GADIS que solta máis castrapo da historia)… só botei en falta que Fusco/Allo no levase traxe de astronauta e que Javier Pedreira Wicho non aparecese por aí exercendo de aerotrastronado.
A Misión Espacial Galega é unha cuestión de tempo, ou iso din os de GADIS, e aínda que o de facer unha fogueira na superficie da lúa cantase demasiado, o anuncio non lles quedou nada mal. Só espero que non volvan as andadas, programándoo na tele tres ou catro veces na mesma hora até que rematemos fartos de ver os máis de tres minutos de telepromoción.
Debe estar conectado para enviar un comentario.