Unha aplicación móbil galega sae ao amparo das mascotas perdidas

Hai un par de semanas dende Código Cero falamos dun curioso caso de emprendemento tecnolóxico por parte dun artesán de instrumentos tradicionais galegos, O Reberete, consistente nun par de...

Hai un par de semanas dende Código Cero falamos dun curioso caso de emprendemento tecnolóxico por parte dun artesán de instrumentos tradicionais galegos, O Reberete, consistente nun par de aplicacións móbiles, Wizapet e Wizaper, para axudar a localizar mascotas e obxectos perdidos.

wizapet

Non sei que é máis sorprendente: se o feito de que un lutier sexa o que se anime a desenvolver unha aplicación móbil de xeito altruísta, ou que unha ferramenta tan práctica para localizar a mascotas perdidas non existise antes.

wizapet_03

Para dar conta deste auténtico fenómeno, no programa Banda Ancha da Radio Galega falamos coa cabeza tola da que saíu todo isto:

E hoxe mesmo tamén falaron das aplicacións móbiles no Telexornal:

A ver se despois da cobertura mediática que vai conseguindo Wizapet a aplicación vai gañando usuarios para conseguir a masa crítica dabondo para que poida servir como unha ferramenta moi práctica a nivel estatal e incluso global, de xeito que os grupos de Facebook nos que dan conta dos cans perdidos no noso contorno poidan pasar a un segundo plano, para que así cada vez que se perda ou atope un animal extraviado a comunicación sexa moito máis áxil, para o ben dos propietarios e das propias criaturas.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS