Os smartphones no Galicia por Diante

No Galicia por Diante desta mañá Kiko Novoa e Paco Lodeiro dedicaron unha hora a falar dos smartphones co gallo do 6º aniversario da presentación o iPhone (aínda que...

No Galicia por Diante desta mañá Kiko Novoa e Paco Lodeiro dedicaron unha hora a falar dos smartphones co gallo do 6º aniversario da presentación o iPhone (aínda que tardou ano e medio en chegar a España, xa que por aquí non cheiramos oficialmente a primeira xeración do móbil de Apple).

Comprobando o prezo dun disco de Marilyn Manson coa aplicación

Coido que tal fragmento do programa resultou bastante divertido, de aí que o comparta neste espazo, e xa postos, quixera matizar que o iPhone 5 é realmente o 6º modelo de iPhone e que iso da aplicación que detecta cando vas chocar é unha fantasmada total (sendo o máis parecido que hai algunha das aplicacións que aproveitan a cámara do móbil para facer a pantalla transparente).

Como aplicacións prácticas, na liña das que usan o flash e a pantalla como lanterna, tamén destacaría as que aproveitan a cámara como lupa de aumento. E tamén teñen o seu aquel os lectores de códigos de barras e recoñecedores de imaxes, que poden localizar discos, libros e moitos outros produtos para saber detalles como o seu prezo (moi útil cando vas de compras e queres saber se unha oferta é tal, aínda que en España ten unha utilidade algo limitada).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...