O pasado 2 de setembro a libraría coruñesa especializada en cómics, Kikomic, celebrou o seu décimo aniversario cunha pequena festa que pola tarde estivo acompañada por un par de sesións de sinaturas dos autores galegos Kiko da Silva e Miguelanxo Prado.
Pero unha das sorpresas é que ao ilustrador coruñés acompañábao o equipo do programa da TVG O Gato con Botas, encabezado por Manuel Manquiña, convertendo a velada en todo un espectáculo.
Para os que non puideron estar por alí, e queiran coñecer un pouco mellor a figura de Miguelanxo Prado, cómpre recomendar ver este xoves ás 23:15 horas a nova entrega de O Gato con Botas, na que Manquiña ofreceranos unha visión moi próxima do máximo expoñente da banda deseñada galega a quen temos que agradecer tamén a creación do célebre Xabarín da Galega.
Debe estar conectado para enviar un comentario.