Manquiña axudounos a coñecer mellor a Miguelanxo Prado

A pasada noite emitiuse na TVG a entrega número 17 de O Gato con Botas, programa conducido por Manuel Manquiña no que o célebre actor conversa con figuras relevantes...

A pasada noite emitiuse na TVG a entrega número 17 de O Gato con Botas, programa conducido por Manuel Manquiña no que o célebre actor conversa con figuras relevantes da nosa sociedade, e que desta volta xirou ao redor de Miguelanxo Prado.

Miguelanxo Prado

Para min foi un dos mellores capítulos do programa (e iso que os achegamentos a persoeiros como Paco Vázquez, Cristina Pato, Jorge Mira ou Rosa Cedrón parecéronme moi orixinais) polo xeito no que transmitiron detalles dun autor ao que escoitei falar en numerosas ocasións, e ao que está moi ben sempre que conséguese arrincarlle algunha nova anécdota.

Betanzos

O programa xa está dispoñible no servizo de televisión á carta da TVG, e só o feito de iniciar nun escenario tan curioso como o Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos xa é un puntazo.

Manqui e Miguelanxo no Kiosko Alfonso

Loxicamente pasar polo Kiosko Alfonso para falar de Viñetas desde o Atlántico tamén se agradece, aínda que botei en falta que non se falase máis da historia do festival en vez de centrarse na última edición. De seguro que Miguelanxo ten anécdotas como para parar un tren con todo o que viviu nos 19 anos que leva dando guerra divulgando a banda deseñada a través dun evento de proxección internacional que esperemos que dure moitos anos máis.

Manqui e Miguelanxo fronte ao Kiosko Alfonso

Precisamente na entrada do Kiosko sorprendeume ver como Manqui recoñecía a todos os personaxes que adornaban a fachada, pois non só demostrou que si é un auténtico lector de tebeos, senón que incluso recoñece a personaxes españois que o grande público non ten presente habitualmente (como Torpedo).

dedicatoria de Miguelanxo Prado para Manuel Manquiña

Iso si, seguro que ao final todo o programa fíxose para que ao final Miguelanxo puidese adornar o interior dun exemplar de Ardalén cunha ilustración dedicada ao condutor do espazo televisivo. 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS