Vilagarcía faise friki co certame Curtas Film Fest

Para moitos o Curtas Film Fest de Vilagarcía de Arousa, pese a estar a chegar ás súas 44 edicións, era un auténtico descoñecido, pero estas xornadas que se desenvolven...

Para moitos o Curtas Film Fest de Vilagarcía de Arousa, pese a estar a chegar ás súas 44 edicións, era un auténtico descoñecido, pero estas xornadas que se desenvolven dende hoxe até o 1 de novembro son dignas de mención por conformarse como un evento moi completo no que combinan interesantes exposicións, numerosas proxeccións, charlas e, como grande novidade deste ano, unhas xornadas de banda deseñada.

Precisamente o mundo das viñetas é o que máis destacaría eu, xa que o festival vai contar con convidados de nivel internacional que son un auténtico luxo. Comezarán co ilustrador arxentino Juan Giménez, a quen moitos coñecerían no seu día pola revista 1984 e Comix Internacional, sendo especialmente recoñecido o seu traballo pola extraordinaria obra La casta de los Metabarones (a etapa de Giménez está recompilada nun tocho en tapa dura moi recomendable). Nos últimos anos Norma tamén editou material do autor como Yo, Dragón, El Cuarto Poder ou Leo Roa.

O autor que sen dúbida vai arrastrar a moitos a Vilagarcía é Salvador Larroca, un valenciano que, pese a ter algunha cousiña para DC (como a saga Terminal Velocity de Flash), traballa bastante para Marvel, e foi o responsable do lapis na miniserie de Darth Vader que publicouse en España hai pouco.

Pero para min o máis relevante é a presenza de Alfonso Azpiri, non porque cómics seus como Lorna y su Robot ou Mot sexan especialmente relevantes, senón por ilustrar as portadas de moitos videoxogos españois para Spectrum, imaxes que en 2009 recompiláronse nun magnífico libro que levábanos a lembrar xogos como Nonamed, Phantis, Viaje al centro de la tierra, West Bank, Army Moves, Abu Simbel Profanation

Curtas Film Fest

Pero o festival en si mesmo xa é bastante completo, sendo unha boa desculpa para poder repasar grandes filmes como o Superman de Richard Donner, o Batman de Tim Burton, aos Cazafantasmas masculinos, a rompedora Robocop, a moi recordada este ano Los Goonies ou a superfriki Golpe en la pequeña China. De feito, a súa programación tamén inclúe actividades inspiradas no Halloween, como podedes ver a continuación:

DO 6 DE OUTUBRO AO 25 DE NOVEMBRO

De 10 a 13:30 e de 18:00 a 21:00 Exposicións. Salón Rivas Briones e Salón García

 

LUNS 24 DE OUTUBRO

18:00            Superman (1978). Da viñeta á pantalla. Liceo Casino. V.E. 143 min.

20:45            Curtas a concurso. Liceo Casino. 120 min.

M’Aime pas en rêve (Bélgica)
Classmate (España)
Formol 105 (España)
Evo (España)
Alien Inside (España)
The Suitor (España)
Taller de Corazones (México)
Ladrones de Tiempo (España)
Apolo 81 (España)
Titan (España)
Karouma (Emiratos Árabes)
Collider (Canadá)

21:00            Mad Max: Fury Road (2015). Cinefilias. Salón García. V.E. 120 min.

 

MARTES 25 DE OUTUBRO

18:30            Batman (1989). Da viñeta á pantalla. Liceo Casino. V.E. 126 min.

21:00            Curtas a concurso. Liceo Casino. 120 min.

La Prueba (España)
La Última Aventura de Jan Europa (España)
Share o no Share (España)
Lurna (España)
La Trampa (España)
La Habitación (España)
237NP (España)
Into the Mud (España)
Alto el Juego (Uruguay)
Dios es un escándalo que renta (España)

21:15            Cazafantasmas (1984). Volta ós 80. Salón García. V.E. 105 min.

 

MÉRCORES 26 DE OUTUBRO

18:30            V de Vendetta (2006). Da viñeta á pantalla. Liceo Casino. V.E. 132 min.

21:00            Curtas a concurso. Liceo Casino. 120 min.

17 Años Juntos (España)
Una Aventura de Miedo (España)
Le Plombier (Bélgica/Francia)
La Culotte (Francia)
Family Portrait  (Reino Unido)
Sr. X (España)
V Storone (Rusia)
Va Banque – Risky Game (Alemania)
La Noche de Todos los Santos (España)
My Life I don’t Want (Myanmar)
Golden Shot (Turquía)

21:30            Robocop (1987). Volta ós 80. Salón García. V.E. 102 min.

 

XOVES 27 DE OUTUBRO

18:30            300 (2006). Da viñeta á pantalla. Liceo Casino. V.E. 120 min.

21:00            Curtas a concurso. Liceo Casino. 120 min.

Últimos Días (España)
El Audífono (España)
Éxodo (España)
Fantasma (España)
Únete a la Resiliencia (España)
A insignificante historia do Home Astronómico (España)
Uka (España)
A la Sombra de la Montaña (España)
Abatido (España)
Añadir Contacto (España)
Behind (España)
Cenizo (España)
Cuenta con Nosotros (España)

21:30            Golpe en la pequeña China (1986). Volta ós 80. Salón García. V.E. 99 min.

 

VENRES 28 DE OUTUBRO

11:00            JMQ: A Quest for a Dream (Documental). Cinefílias. Liceo Casino. 90 min.

16:30            Juegos de Rol y Mesa. Liceo Casino

16:30            Sala Videoxogos. Liceo Casino

16:30            Presentación Altar Mutante. Sala Conferencias Auditorio.

16:30            Curtas a concurso. Liceo Casino. 120 min.

Déjala Ir  (México)
El Adivino (España)
Falsa Bandera (España)
Fetén (España)
La Mano Invisible (España)
Toc Toc (España)
Yo no he sido (España)
Einstein-Rosen (España)
Myth (España)
Graffiti (España)

17:30            Presentación Impresiones de la Isla: Kiko Da Silva y Fernando Iglesias.
Sala Conferencias Auditorio.

18:30            Encontro Juan Giménez. Sala Conferencias Auditorio

19:00            Hellboy (2004). Da viñeta á pantalla. Liceo Casino. V.E. 122 min.

19:30             Sesión de firmas: Kiko Da Silva, Fernando Iglesias, Juán Giménez. Auditorio

21:45            La trilogía de Apu: Pather Panchali (1955). Cinefílias. Liceo Casino. V.O.S.E. 125 min.

21:30            Conan el Bárbaro (1982). Volta ós 80 / Da Viñeta á Pantalla. Salón García. V.E. 129 min.

 

SÁBADO 29 DE OUTUBRO

11:00            Eliminatoria Torneo Videoxogos. Liceo Casino

11:30            Una carta para Momo (2011). Animacurtas. Salón García. V.E. 120 min.

16:30            Xogos de Rol e de Mesa. Liceo Casino

16:30            Eliminatoria Torneo Videoxogos. Liceo Casino

17:00            Arsénico por compasión (1944). Cinefílias. Liceo Casino. V.O.S.E. 120 min.

17:00            Los Goonies (1985). Volta ós 80. Salón García. V.E. 120 min.

17:15            Concurso Cosplay. Audiorio.

17:30            Presentación/encontro: Azpiri y el Cine: Alfonso Azpiri. Sala Conferencias Auditorio.

17:30            Visita guiada exposiciones: Juan Giménez y Salvador Larroca.

18:30           Encontro con Salvador Larroca. Sala Conferencias Auditorio.

19:15            Rendezvous (2016). Cinefílias. Liceo Casino. V.E. 91 min.

19:30            Sesión de firmas: Juan Giménez, Salvador Larroca, Alfonso Azpiri, Mo Caró. Auditorio

19:30            Gremlins (1984). Volta ós 80. Salón García. V.E. 106 min.

21:00            Entrega de premios + Homenaxes + Miss Ledya (1916) + Curtas gañadoras. Auditorio

21:00            La trilogía de Apu: Aparajito (1956). Cinefílias. Liceo Casino. V.O.S.E. 120 min.

21:30            Regreso al futuro (1985). Volta ós 80. Salón García. V.E. 120 min.

23:00            Festa Volta ós 80. Bianco

 

DOMINGO 30 DE OUTUBRO

12:00            Final Torneo Videoxogos. Liceo Casino

12:00            La chica que saltaba a través del tiempo (2006). Animacurtas. S. García. V.E. 98 min.

12:30            Animación Tropa Korriban (Star Wars) Rúas Vilagarcía

16:30            Xogos de Rol e de Mesa. Liceo Casino

16:30            Sala Videoxogos. Liceo Casino

16:30            Presentación Androide Paranoide. Sala Conferencias Auditorio.

17:00            El Mago de Oz (1939). Cinefílias. Liceo Casino. V.O.S.E. 102 min.

17:30            PELÍCULA SORPRESA. Salón García. V.E. 120 min.

Unha gran película sorpresa que terás que descobrir na sala

18:30            Encontro con Mo Caró. Sala Conferencias Auditorio.

19:00            Cinema Paradiso (1988). Cinefílias. Liceo Casino. V.O.S.E. 155 min.

19:30             Sesión de firmas: Juan Giménez, Mo Caró y Alfonso Azpiri Auditorio

19:45            E.T. El Extraterrestre (1982). Volta ós 80. Salón García. V.E. 120 min.

22:00            La trilogía de Apu: Apu Sansar (1959). Cinefílias. Liceo Casino. V.O.S.E. 105 min.

22:00            Aliens el regreso (1986). Volta ós 80. Salón García. V.E. 137 min.

 

LUNS 31 DE OUTUBRO “SAMAÍN ARREPIANTE”

16:00            Taller tallado de cabazas. Auditorio

17:00            Sesión de maquillaxe monstruoso. Auditorio

17:00            Una pandilla alucinante (1987). Samain Arrepiante. Liceo Casino. 82 min.

18:00            Ginkana terrorífica. Auditorio y calles Vilagarcía

19:00            House una casa alucinante (1986). Samain Arrepiante. Liceo Casino. 93 min.

20:30            Procesión da Santa Compaña. Calles Vilagarcía

21:30            Magosto Popular. Cruce Valentín Viqueira con A Baldosa.

21:00            Los Payasos Asesinos del Espacio Exterior (1988). Samain Arrepiante. S. García. 88 min.

23:00            Festa: Baile dos Vampiros + Entrega de premios disfraces. Bianco

 

MARTES 1 DE NOVEMBRO

20:00            Selección curtametraxes Curtas 2016. Salón García

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • San Diego Comic-Con, tráilers a mogollón

    Unha ano máis a Comic-Con de San Diego confirmou que xa non é un evento centrado na banda deseñada, senón na industria do lecer en xeral, de xeito que...
  • Unha semana para Wonder Woman

    A primeiros de mes estreouse nunha chea de países o filme de Wonder Woman, polo que levo moitos meses esperando con ilusión, principalmente para poder comprobar se queda esperanza...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • Supergirl promociona o filme de Wonder Woman

    A pasada noite a serie de televisión de Supergirl despediu a súa segunda tempada, e aproveitaron a ocasión para facer publicidade do novo filme de Wonder Woman protagonizado por...