Co lanzamento de El Despertar de la Fuerza dende Duracell lanzaron unha orixinal campaña promocional baseada na franquía galáctica, con anuncios televisivos moi traballados nos que amosaban a cativos vivindo en primeira persoal as aventuras de Star Wars:
Campaña de 2016: a quenda dos rebeldes
E agora a que está próxima a estrea de Rogue One: A Star Wars Story (filme que conta cun novo tráiler dende hai poucos días) os de Duracell volven á carga cun anuncio impresionante, con cativos pequenos cunhas caracterizacións perfectas, que buscan chegar ao corazonciño da xente para facer doazóns para CMN Hospitals, unha organización sen ánimo de lucro nos EE.UU. que recolle fondos para hospitais infantís:
A ver se a este lado do Atlántico a xente de Duracell pecha acordos de colaboración con organizacións benéficas para poder adaptar esta fermosa campaña publicitaria.
Debe estar conectado para enviar un comentario.