iWood, o portátil máis ecolóxico do mundo

Nos EE.UU. venden un curioso ordenador portátil de madeira, que realmente é un dobre encerado que onde debería ter un trackpad conta cun espazo para gardar o xiz. O...

Nos EE.UU. venden un curioso ordenador portátil de madeira, que realmente é un dobre encerado que onde debería ter un trackpad conta cun espazo para gardar o xiz. O iWood é unha auténtica frikada que pode servir de agasallo para cativos que gusten de dar a nota, e aínda que nos EE.UU. custa 59,99 dólares (45,91 euros ao cambio) dende España pode conseguirse grazas a que o venden por 31,07 libras esterlinas (40,20 euros) no Amazon británico, de xeito que temos portes de balde a España. Vaia, que resulta que esta curiosidade é de fabricación xermana (en Alemaña véndeno por 31 euros), de aí que por unha vez poidamos adquirir algo así a mellor prezo que ao outro lado do Atlántico.
Para rematar a xogada, en Alemaña tamén teñen á venda o I-Woody… ¡un iPhone de madeira! ¡Non digades que non dou ideas para agasallos de Nadal frikis!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...