Falando de tecnoloxía na Revista da Galega

Esta mañá María Solar convidoume a facerlle unha vista ao programa A Revista Fin de Semana da TVG para comentar cousas da actualidade tecnolóxica: Aínda que os temas centrais...

Esta mañá María Solar convidoume a facerlle unha vista ao programa A Revista Fin de Semana da TVG para comentar cousas da actualidade tecnolóxica:

Aínda que os temas centrais eran os novos iPhone 7 e as novas PlayStation 4, tamén citamos o Huawei P8 e algunha cousiña máis.

As limitacións de tempo impiden afondar nos temas porque, senón, só do iPhone 7 e iPhone 7 Plus poderiamos estar a falar o programa enteiro, e seguro que quedaría algo no tinteiro. Ou sexa, que eu non estou a dicir que o móbil de Apple sexa un mal teléfono (non hai dúbidas en que é dos mellores do mercado), o debate dos prezos é algo moi subxectivo (cada un fai cos seus cartos o que quere ou pode) e logo hai moitas cousas que permiten debater moito, pero até dentro de varios anos non saberemos como quedan realmente (como a polémica da eliminación dos auriculares).

No caso da PlayStation 4 tamén habería moito que matizar, como que a PS4 Pro non reproduce discos Blu-ray 4K (cando si fal tal a Xbox One S que custa 100 euros menos), ou que a PS4 Pro está moi lonxe de ser unha auténtica consola 4K, e incluso a renovación da PS4 actual vai provocar dores de cabeza a máis dun comprador. De cara ao Nadal compensa mercar a consola renova ou, polo mesmo prezo, pillar o modelo vello con 1 ou 2 xogos incluídos?

Moitos son os xeitos de enfocar este tipo de informacións, e de seguro que nas vindeiras semanas teremos moitas oportunidades de discutir sobre o tema noutros medios.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS