Durante a pasada tarde foi Trending Topic a palabra Wismichu, pero curiosamente non foi mérito do youtuber coruñés, senón nunha señora sen sentido do humor e con varias neuronas atrofiadas, que non sabe entender un espectáculo ao que foi, claramente, sen informarse.
Ao longo do día, e por mor dunha información publicada nos medios na que acusaba a Wismichu de “dar en Tenerife un show con contido sexual ante menores”, moitas eran as persoas que saian a criticar a Isma baseándose nas declaracións publicadas, e non no que aconteceu realmente no espectáculo.
A propia compañía detrás da xira, YouPlanet, publicou un comunicado no que deixaban claro que o espectáculo Hay un Wismichu en mi (que pasará polo Teatro Colón o 16 de abril) está clasificado para maiores de 16 anos, á vez que se deixa claro que trátase dunha ficción de humor e sátira que pode ferir certas sensibilidades (aínda que non de seareiros de Wismichu, xa que claramente trátase do mesmo que publica habitualmente na súa canle de YouTube), e os menores de 16 anos deben acudir acompañados por un adulto. Ou sexa, que se alguén é culpable de algo, sen dúbida son os pais que non teñen nin idea do tipo de contidos que consumen os seus filos.
Aínda que na prensa falan de queixas trasladadas “por parte de varios pais”, todo apunta a que só houbo unha voz crítica, a dunha señora, que é a que se dedicou a pór a parir o espectáculo de Wismichu, o que lembra bastante ao “no te lo perdonaré jamás, Manuela Carmena. Jamás”, Non entendo como os políticos locais de Santa Cruz de Tenerife deron crédito ás acusacións da paisana, sen contrastar os feitos, pois as acusacións divulgadas polos medios saen claramente da imaxinación da tal Maite Guigou, quen incluso menciona que se amosa “un vídeo no que se amosa a un home ao que está a facerlle unha felación supostamente un menor” (que resultou ser unha video-resposta de Torbe a outro vídeo de Wismichu que pouco ten que ver co que se dá a entender) engadindo que non sabe que lle vai pagar “os danos morais”. Estamos ante o mesmo tipo de inconsciente que leva a un neno pequeno a ver TED no cine porque sae un osiño, e logo quéixase dos contidos da película (ou a quen leva ao nenos a ver Masacre ou Watchmen porque son pelis de superheroes) ou mércalle ao seu fillo o Grand Theft Auto V (e logo quéixase de que se vexa unha teta en televisión). A responsabilidade non é do contido dirixido a adultos, a culpa é exclusiva dos adultos que non se informan axeitadamente.
Finalmente Wismichu despachouse a gusto, deixando claro todo o acontecido, e demostrando unha vez máis o pouco criterio de moitos medios de comunicación tradicionais á hora de demonizar os novos medios:
Debe estar conectado para enviar un comentario.