Os seareiros dos cómics de DC estamos esta semana de parabéns, xa que non só volven á pequena pantalla as series de The Flash e Arrow, senón que tamén enlazan os seus episodios para dar pé ao seu novo spin-off: DC’s Legends of Tomorrow.
Dado que estamos nunha semana de festa, para os pixameiros, o momento parecía oportuno para estrear o segundo tráiler do filme do Escuadrón Suicida:
Para empaquetar os novos véos promocionais non tiveron unha idea mellor que preparar un programa especial en The CW no que contaron coa presenza de Kevin Smith, no que tamén ampliaron información sobre a nova peli de Batman v Superman:
E subiron as apostas adiantando detalles sobre a versión cinematográfica de Wonder Woman:
Tamén deron detalles de The Flash, Cyborg e Aquaman (sospeito que as imaxes dos personaxes as reservan para a estrea do trailer da películas da Liga da Xustiza, que entendo que estrearán coa de Batman e Superman). Ou sexa, que tivemos unha noite cargadiña e, se sumamos que tamén está en emisión a serie de Supergirl (noutra canle) e que comezou a circular pola Rede a película de animación Batman: Mala Sangre (que teremos en soporte físico en España a partires do 26 de febreiro) queda claro que esta semana reina DC. Xa era hora! 😉