Esta semana escoitei na Radio Galega unha cuña na que citaban a Melide. Maaaandeeee?!?! Manxares?! Que é iso? Póñome a investigar… miro na web do Concello, e non din nada; paso ao Facebook… et voilà!
Resulta que Manxares é a Feira Agroalimentaria de Galicia organizada pola GDR Ulla Tambre Mandeo con carácter anual en colaboración co Concello de Melide, ou sexa, que entendo que é o evento que cole o relevo da Feira de Agasallos, pois din que pretenden amosar produtos locais de calidade para “animar á xente a poñer na mesa no Nadal produto galego da pequena industrial local”, ou sexa, queixos, embutidos, melindres, licores, marmeladas, cogomelos, pan e empanadas, entre outras cousas.
Xa temos o programa das dúas xornadas, destacando unha cata comentada de queixo de Arzúa-Ulloa, Tenreira Galega e Ribeira Sacra; una actividade de maridaxe de doces tradicionais de Melide con augardentes e licores; e un obradoiro infantil para que os nenos non pensen que o leite vén do brick (podendo incluso participar nun concurso de musido manual da vaca Mazarica).
Prometen ser unha fin de semana animada, aínda que conseguir converter a Manxares nunha marca recoñecida vai custar traballo, pois as actividades deste tipo chamadas a ir máis aló da Festa do Melindre tiveron sempre problema para callar socialmente. Por tentalo, que non quede.
Debe estar conectado para enviar un comentario.