Pleno extraordinario no Concello de Melide

Esta fin de semana vin polas rúas de Melide un cartel do PP avisando de que o luns había pleno para informar da situación da Banda, a Sinfónica e...

Conservatorio municipal de MelideEsta fin de semana vin polas rúas de Melide un cartel do PP avisando de que o luns había pleno para informar da situación da Banda, a Sinfónica e o Conservatorio, asunto que suscitou bastante polémica nos últimos meses, pero estou algo sorprendido porque a convocatoria aínda non aparecese como nova na web do Concello nin en La Voz, aínda que si no Correo:

Convocado un pleno en Melide para informar sobre la situación del Conservatorio

El Ayuntamiento de Melide ha convocado un pleno extraordinario que se celebrará el próximo lunes, día seis de octubre a las 20.00 horas, con un único punto en el orden del día. Se trata del Conservatorio de música que tanta polémica ha suscitado en el último mes en este municipio.

Dicha reunión de la Corporación municipal fue pedida por el Partido Popular, encabezado por Ánxeles Vázquez, con el fin de aclarar la situación en la que se encuentra este centro de enseñanza musical. Uno de los principales puntos de controversia es la reducción en el profesorado. La última convocatoria de plazas se ha reducido de 17, como hubo en los anteriores años, a un total de once.

Esta situación provocó un enfrentamiento entre el gobierno local, dirigido por la nacionalista Socorro Cea, y el director del Conservatorio melidense, Fernando Vázquez Arias. Pese a que debería acudir al pleno para exponer su postura, desde el grupo de gobierno no se le envió notificación alguna, según indicaron ayer los populares.

Fixándome, decateime de que a convocatoria aparece na web do Concello no apartado de Axenda:

SESIÓN EXTRAORDIANARIA
Pleno Extraordinario
6 de outubro de 2008 20:00 h – 21:00 h
Orde do día:
– Situación do Conservatorio municipal, Orquestra Sinfónica e Banda de música.
Data: luns, 6 de outubro de 2008
Hora: 20:00 h.
Lugar: Salón de plenos da Casa do Concello.

Vaia, que saír si que sae, pero non con boa visibilidade porque o fluxo RSS da Axenda non funciona, ou sexa, que só podes enterarte do asunto visitando a portada da web (mentres que o resto de informacións municipais as consulto dende o meu lector de RSS).
En La Voz de Galicia supoño que non comentarán nada ata o martes, pois os luns apenas poñen nada que non sexa fútbol (é dáme a impresión de que están a pasar bastante de Melide ultimamente), polo que o pleno non parece que estea moi anunciado. Iso si, alédame moito que se celebre para que a xente interesada poida informarse do asunto de primeira man, podendo ver os argumentos das partes enfrontadas claramente contrastados.
Agardo que mañá pola noite alguén se digne a pasar por este espazo virtual a deixar os seus comentarios sobre o acontecido, para que dende a distancia poidamos saber o que se falou no Concello, e se poida ter máis claro o futuro das formacións musicais melidenses.

ACTUALIZACIÓN: O RSS da Axenda do Concello xa funciona, e vén de chegarme a alerta do pleno desta tarde. A quen corresponda, grazas por arranxar o fluxo RSS.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS