De Camela ao podcasting tecnolóxico

Esta tarde tivemos un programa de Banda Ancha na Radio Galega moi especial, xa que, aparte dos contidos habituais, contamos cun convidado de fóra de Galicia: Miguel Ángel Cabrera....

Miguel Ángel Cabrera

Esta tarde tivemos un programa de Banda Ancha na Radio Galega moi especial, xa que, aparte dos contidos habituais, contamos cun convidado de fóra de Galicia: Miguel Ángel Cabrera. Falamos con el (excepcionalmente en español) pola súa actividade podcasteira en Camelogiageek, aínda que moitos seguro que o lembran por ser un dos integrantes de Camela até hai pouco (de feito,  grandes éxitos como Lágrimas de Amor son composicións súas).

Escoitar o podcast de Miguel Ángel é todo un pracer, como acontece con outros podcasteiros como Tolo (El Camionero Geek), xa que achega unha visión persoal da tecnoloxía, contando o que os trebellos lle transmiten, e non limitándose a falar de especificacións técnicas e informacións de actualidade, ou sexa, amosando a cara máis amable da comunicación afeccionada.

Facer un seguimento dos produtos que proba cada pouco tempo é bastante curioso, e aínda que algún poida pensar que se limitará a mercar os móbiles de alta gama de referencia, polas mans de Miguel Ángel non pasan só o iPhone e os Galaxy de última xeración, senón que tamén accede a produtos máis arriscados como o Sony Xperia Z5 Premium (que realmente parece un espello de man), terminais moi recomendables como o Moto X Style e incluso toda unha selección de smartwatches, resultando isto último moi interesante, xa que normalmente a xente só anda cun smartwatch, pero o feito de que el poida gozar tanto do Apple Watch como do novo Moto 360 ou do Huawei Watch permítenos conseguir unha perspectiva moi próxima a uns produtos que dificilmente pasarían polas nosas mans e, no caso de querer optar por algún dos mesmos, xa temos unha opinión sincera da que tirar.

Teño así que agradecer a Miguel Ángel, non só que falase connosco para a Radio Galega, senón tamén o mero feito de que se sumase ao mundo do podcasting. Esperemos que continúe moito tempo compartindo as súas experiencias e que sirva de exemplo para que outros se animen a crear e escoitar podcasts, para fornecer este formato que tan práctico resulta.

NOTA: As imaxes que acompañan esta entrada proveñen da conta de Instagram de Miguel Ángel, onde vai dando conta dos gadgets que adquire.
Ah, e admito que tiven que conterme para non preguntarlle a Miguel Ángel se lembraba a canción de Apaga o candil dalgunha das súas visitas ao Luar. 😀

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...