Willow, a cosplayer de 3 anos de idade

Cando se achega o Halloween, a fotógrafo profesional Gina Lee ten xa por tradición disfrazar á súa filla Willow (#dressupwillowmonth) e convertela na protagonista dunhas sesións que deixan en...

cosplay de Red

Cando se achega o Halloween, a fotógrafo profesional Gina Lee ten xa por tradición disfrazar á súa filla Willow (#dressupwillowmonth) e convertela na protagonista dunhas sesións que deixan en ridículo ás mellores cosplayers do mundo. O ano pasado fixera un impresionante cosplay de E.T., pero este mes está a pegar moi forte, cunhas magníficas caracterizacións de Los Vigilantes de la Playa, El Inspector Gadget, O Mundo de Wayne e a especialmente alucinante encarnación da Red de Orange Is The New Black.

Recomendo ver as fotografías no Facebook de Gina López Lee, aínda que pode resultar aínda máis cómodo estar o día do que fai esta grande fotografo a través de Instagram.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS