Raising Dion: un cómic cun tráiler impresionante

Nos últimos anos non foron poucas as editoriais que crearon booktrailers para dar a coñecer as súas obras na Rede, pero o xeito no Dennis Liu está a promocionar...

Raising Dion

Nos últimos anos non foron poucas as editoriais que crearon booktrailers para dar a coñecer as súas obras na Rede, pero o xeito no Dennis Liu está a promocionar o seu cómic, Raising Dion, ilustrado por Jason Piperberg, parece xenial, xa que, por unha banda, ofrece o primeiro número da colección de balde en formato dixital (tamén á venda en formato físico grazas á impresión baixo demanda) e emprega como cebo un impresionante vídeo con actores reais no que dá forma á premisa da historia: Nicole debe criar a un neno de 7 anos con superpoderes (invisibilidade, telequinesis e poderes de plasma).

Temos así o que podería ser a historia de Martha Kent coas dificultades que enfrontaría de ter que criar a Superman nunha cidade en vez de nunha granxa de Kansas. Até me sorprende que non se lle ocorrera algo así antes a ningún editor de Marvel ou DC.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS