Engurras sae á venda en DVD a semana que vén

A finais de xaneiro chegou a uns poucos cines a película galega de animación Engurras baseada nun cómic de Paco Roca, e marcando tendencia, a menos de 2 meses...

Engurras en DVDA finais de xaneiro chegou a uns poucos cines a película galega de animación Engurras baseada nun cómic de Paco Roca, e marcando tendencia, a menos de 2 meses da súa estrea en pantalla grande púxose dispoñible en aluguer a través de streaming en Filmin, pero os que queiran conservar esta impresionante obra poden agardar ao mércores da semana que vén, cando Cameo porá á venda a película en formato DVD, nunha edición especial que inclúe a banda sonora e un libro de ilustracións, axudando a animar aos que gozasen da obra a adquirila.
Posiblemente non esteamos ante unha obra de consumo masivo por ser unha película de animación, pero deberíamos desbotar tal prexuízo. É un peliculón, que moitos non descubrirán ata que a vexan por accidente na TVG, pero que merece todos os recoñecementos que está a acadar, polo que recomendo non agardar á súa emisión en aberto, pois teremos distintos xeitos de gozar deste filme conmovedor, non apto para días de chuvia.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS

  • John Byrne volve aos X-Men ao seu xeito

    A figura de John Byrne está estes días de actualidade pola publicación en papel da continuación non oficial da súa etapa nos cómics de La Patrulla X, ata o...
  • Un mundo infernal

    Unha das series de televisión de máis éxito da miña infancia foi Dragones y Mazmorras, da que incluso puidemos ver adaptación en banda deseñada da serie e incluso unha...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • Os Vingadores non iniciaron o lume

    A capacidade de mobilización que teñen os grandes programas de televisión nos EE.UU. non deixa de sorprender, principalmente porque manteñen o seu pulo no tempo, cando en España hai...