SandCARstle Sync

Tras arrasar a nivel mundial co Bohemian Carsody (con máis de 25 millóns de reproducións) as mozas de SketchShe, Shae-Lee, Lana e Madison, conseguiron repetir o éxito con Mime...

SandCARstle Sync

Tras arrasar a nivel mundial co Bohemian Carsody (con máis de 25 millóns de reproducións) as mozas de SketchShe, Shae-Lee, Lana e Madison, conseguiron repetir o éxito con Mime Through Time, vídeo no que homenaxeaban a numerosas cancións de distintas épocas con bastante graza (de aí que xa estean preto dos 30 millóns de reproducións) e agora parece que queren conseguir un novo ghit, trasladándose dun coche de verdade a un coche feito de area de praia, e repasando algunhas cancións entre as que destacan as das series de televisión Hawaii 5.0 e Los Vigilantes de la Playa.

Funciónelles ou non o conto, coido que economicamente si vai saírlles ben ás mozas, pois fan un excelente product placement dos altofalantes resistentes á auga UE Roll. Iso si, dos seus últimos vídeos eu continúo a quedarme coa homenaxe que fan ao U Can’t Touch This! De M.C. Hammer:

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS