Novo evento friki en EXPOCoruña: CIFICON

Parece que o calendario friki coruñés que encadeaba ExpOtaku, Hobbycon, Viñetas desde o Atlántico e RetroCoruña vai resistirse a parar, e contará cunha prórroga a finais de outubro, volvendo...

CIFICON

Parece que o calendario friki coruñés que encadeaba ExpOtaku, Hobbycon, Viñetas desde o Atlántico e RetroCoruña vai resistirse a parar, e contará cunha prórroga a finais de outubro, volvendo ao recinto de EXPOCoruña coa celebración de CIFICON. Pouco sabemos até o momento sobre o evento, agás que xa ten páxina de Facebook. A ver que sae de aí, pero dá a impresión de que imos ter outra cita periódica que engadir ás nosas axendas, aínda que tamén podería considerarse unha oportunidade perdida, xa que poderían ter xogado á confusión en chamar ao encontro Coruña Smart CIFI. 😀

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS