A Feira dos Autónomos ten a súa face friki

Este ano a Feira de Autónomos de Galicia, que se celebra no recinto de EXPOCoruña, non só xuntou a unha chea de profesionais galegos, senón que tamén innovou cunha...

EXPOCoruña

Este ano a Feira de Autónomos de Galicia, que se celebra no recinto de EXPOCoruña, non só xuntou a unha chea de profesionais galegos, senón que tamén innovou cunha área de lecer alternativo, na liña de moitos outros eventos coruñeses, o que fornece a sona da Coruña como cidade friki.

Para min unha boa mostra de todo iso é xa atopar a unha empresa local na entrada, a tenda en liña Quiero Regalarte, na que venden unha chea de agasallos curiosos, que van dende un coxín con forma de xamón até unha lámpada de Tetris. A máis de un seguro que sorprenderá que ese tipo de obxectos que normalmente se atopan na Rede están a comercializarse dende tan preto.

Tampouco faltan tendas como Alita Comics, nas que venden máis dun detalle orixinal, así como volumes de banda deseñada entre os que non faltan novidades e algún imprescindible.

Incluso os estudios independentes de videoxogos galegos Axóuxere Games, DemonKoffe, Gazpacho Games e Akkad Estudios quixeron estar presente para dar a coñecer as súas creacións entre os visitantes. Cada día fan máis cousas estes mozos, e calquera día sorpréndennos cun ghitazo.

Pero o máis emocionante é o apartado das consolas de videoxogos, nas que podíase xogar libremente e participar en torneos tanto de títulos modernos como de auténticos clásicos, de xeito que o público de moitas idades pode pasar alí uns momentos divertidos durante os 5 días que duran a feira.

Quen sexa máis pachorrento tamén pode repousar no expositor da Asociación Draco, para botar unha partida a algúns dos xogos de meses que alí teñen. Ou achegarse ao stand de Mangalego, ou ao de Brumas Estigias… vaia, que por sitios onde pasar un rato divertido para desconectar de toda canta tenda había ao redor, que non quede. Incluso hai relatorios e concertos, de xeito que a barreira entre feira e festa diluíase por momentos.

Agradécese que este tipo de encontros saiban ver máis aló do comercial, e complementen a súa oferta co lecer, especialmente para os máis novos.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Videoxogos de papel

    A nostalxia ten moita forza, e de cando en vez serve de inspiración para fermosas marabillas, como o vídeo de Eric Powers no que fixo un repaso da historia...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • En Suíza tamén hai cosplay

    Que actualmente hai convencións fikis por todo o mundo non é ningunha sorpresa, pero sorpréndeme non ter escoitado nunca falar da que montan en Basilea, pois «a Comic Con...